Prensa
O Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais realiza o deseño conceptual dunha base humana en Marte
A chegada do ser humano a Marte é un dos retos máis ambiciosos das distintas axencias espaciais. A Nasa ten como obxectivo mandar astronautas ao coñecido como planeta vermello a finais da década dos 30 ou principios dos 40 deste século (2030/ 2040). Tendo en conta estas estimacións, o Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais da Universidade de Vigo vén de realizar o deseño conceptual dunha base humana en Marte e de estudar o seu comportamento térmico.

O satélite Humsat-D segue activo oito anos despois de ser lanzado ao espazo
O 21 de novembro de 2013, o foguete DNPER era lanzado desde o cosmódromo ruso de Yansy ao espazo, co satélite Humsat-D no seu interior. Desenvolvido ao abeiro do programa Basic Space Tecnology Initiative (BSTI) da Oficina de Espazo da ONU,Humsat-D foi deseñado, construído e operado polos integrantes da Agrupación Aeroespacial da UVigo.

Logo de máis de 5700 órbitas á Terra e dun ano no espazo, LUME-1 funciona a pleno rendemento
“O funcionamento do satélite LUME-1 está a ser estupendo e non se detectou ningún problema ao longo deste ano”. Con estas verbas resume o docente e investigador e responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, Fernando Aguado, o comportamento do satélite LUME-1, que foi lanzado ao espazo o 27 de decembro de 2018.

A Agrupación Aeroespacial da UVigo participa nos plans da Axencia Espacial Europea para explorar covas na Lúa
Meses antes de que se producise a chegada do rover Perseverance a Marte, a Axencia Espacial Europea (ESA) xa evidenciara o seu interese en emprender un proxecto que, de levarse a cabo, volvería situar o foco de atención na Lúa.
